Twee Muizen

Cristina Barrientos y Denís Galocha

Twee Muizen

Tooltip Text España (Santiago de Compostela)

Twee Muizen son dous galegos, Denís e Cris. Denís estudou Belas Artes e Cris Deseño de Moda. Xuntáronse, amáronse e traballando nun almacén holandés decidiron cambiar ese corporativismo por un lugar máis pequeno pero con máis vida. Volveron a Galicia e trouxeron o nome con eles: Twee Muizen, que en holandés significa dous ratos. Os dous criáronse en pobos próximos a Santiago de Compostela, lugares con moito monte, animais e natureza, e isto é algo que se pode apreciar na súa obra.

Forman a sinerxía perfecta, combinando a ilustración, a pintura e a creación dos seus recoñecibles art toys, pezas únicas pensadas, debuxadas, recortadas, cosidas e enviadas por eles mesmos. Actualmente viven e traballan en Barcelona, onde combinan o seu taller cunha zona de galería onde amosan as súas últimas pezas e coa súa traxectoria como muralistas.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This