Rexenera Fest 2022 - Trueiro - Twee Muizen

Trueiro

Rexenera Fest 2022 – 8ª edición

Como extraída do seu particular mundo onírico e desde esa constante tendencia a amosar a relación entre ser humano e natureza, os Twee Muizen conquístannos unha vez máis con esta dinámica composición situada na rúa Gran Vía, na que o personaxe principal parece tentar atrapar coa súa rede -o trueiro-, unha sorte de liberdade, quizais perdida nestes últimos dous anos de incerteza continuada debido á pandemia.

Unha posta de sol, un pato, unha balea, ou animais que mostran claramente a orixe galega dos artistas, como a vaca ou o galo, poden atoparse nunha composición na que as cores cálidas, como laranxas, marróns e vermellos, combínanse cos fríos, como o verde ou o azul, para crear unha atractiva paleta.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This