DERRUBANDO MUROS CON PINTURA

Derrubando muros con pintura, homónimo do proxecto xeral,é o conxunto de todas as intervencións artísticas realizadas ao longo de todo o ano por talentos locais, principalmente, da comarca e de vilas próximas a Carballo, e mesmo por algunhas colaboracións internacionais.

 Deu comezo a finais de 2013 con O Carballode Paula Fraile e Roberta Venanzi, que puxeron en marcha esta andadura innovadora que segue a medrar na actualidade e que converteu a vila carballesa nun referente na arte urbana contemporánea.

A iniciativa conseguiu acadar os seus obxectivos fundamentais: “derrubar” boa parte do feísmo padecido nas rúas e o concepto negativo da propia poboación local cara ao seu e así, ir “construíndo” novos espazos cheos de cores e formas que sustentan unha imaxe vangardista e embelecida, que provoca nos/as habitantes o aprecio e a estima polo propio e o interese nos/as visitantes, e converteuse así nun dos principais recursos turísticos de Carballo.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal