Inscrición para os obradoiros de Derrubando Muros – Edición Verán e bases do sorteo
CLICK PARA INSCRIBIRSE NOS OBRADOIROS:
SORTEO DERRUBANDO MUROS – EDICIÓN VERÁN:
Prazas limitadas para o Obradoiro de iniciación ao muralismo e para o Obradoiro de Parkour: admisión por estrita orde de inscrición
Ademais de ter a oportunidade de ver a estes novos creadores e creadoras pintar en directo mentres constrúen as súas obras, durante Derrubando Muros con pintura – Edición Verán tamén haberá outras actividades organizadas ao redor da arte e a cultura urbana. Todas as actividades son de acceso gratuíto para quen desexe asistir, aínda que nalgúns casos precisan inscrición previa.
- Obradoiro de iniciación ao muralismo. INSCRICIÓN PREVIA. Está coordinado por Isa Bermúdez, participante de Derrubando Muros – Edición Verán en 2021 e creadora do mural Herdanza. Será o martes 23 de agosto de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h. e o mércores 24 de 10.00 a 13.30 h. Está dirixido a maiores de 18 anos e conta con prazas limitadas. Admitirase aos participantes por estrita orde de inscrición.
- Obradoiros de Parkour e de Basket Shoot. Serán dous talleres o sábado 27 de agosto de 17.00 a 20.00 h. nun dos aparcamentos situados á beira do Parque Rego da Balsa. No caso do de Parkour a idade mínima para participar son 10 anos e é necesaria INSCRICIÓN PREVIA. SÓ SE ADMITIRÁ A INSCRICIÓN NUNHA DAS QUENDAS. No caso do de Basket é para maiores de 8 anos e non é necesaria inscrición. As nenas e nenos poderán participar por orde de chegada.
* A inscrición para as actividades que así o precisen estará aberta a partir do sábado 13 de agosto ás 11.30 h.
SORTEO
E ademais de todo isto, durante Derrubando Muros – Edición Verán, entre o 16 e o 27 de agosto, podedes participar nun sorteo e gañar premios directos. Estade atentos e atentas ás redes sociais de Derrubando Muros con pintura, porque tan só con participar xa gañaredes un caderno ilustrado cun dos murais de Carballo; e ademais, entraredes no sorteo de dúas tablets Huawei. Aquí vos deixamos as redes sociais para que nos sigades e participedes:
- Facebook: https://www.facebook.com/murosderrubando
- Twitter: https://twitter.com/MurosDerrubando
- Instagram: https://www.instagram.com/murosderrubando/
Aquí tendes as bases: