Jorit

Jorit

Foto Jorit Agoch

Tooltip Text Italia (Nápoles)

Sobre Jorit teñen falado os medios de comunicación máis importantes do mundo como The Guardian, a BBC, o Middle East EyeteleSUREuronews… e a súa actividade artística tense converetido en tema de estudo e tratados universitarios. Comezou a pintar nas rúas con spray a idade temperá, usando o alcume «AGOCH». Pero o seu recoñecemento a nivel máis global empezou en 2005 a través dunha serie de grafiti executados en Nápoles, a súa cidade natal. Nestes primeiros anos, a actividade pictórica de Jorit estivo acompañada por unha constante militancia política que o levou a entrar en contacto cos movementos non globais e a reclamar dereitos sociais.

A partir de 2013, a atención de Jorit céntrase exclusivamente na representación realista do rostro humano, que comeza a marcarse con dúas franxas vermellas nas fazulas, que se refiren aos rituais africanos de maxia/curación, ao rito de iniciación da pasaxe da infancia á idade adulta vinculada ao momento simbólico da entrada do individuo na tribo. Representa nas paredes das cidades que visita á xente local para o mundo, e a marca, a través do ritual pictórico que os fai entrar na «Tribo humana».

Artisticamente, o obxectivo de Jorit é achegarse o máximo posible á realidade, e isto só é posible a través dun estudo exhaustivo e minucioso para posteriormente, a través de moitas técnicas pictóricas, facer unha reprodución escrupulosa e con todo luxo de detalles. O seu estilo é de trazado moi limpo e realista. Jorit é coñecido por representar a cara humana cun realismo sorprendente e de dotala dunha maxestosidade similar á dun tótem, como unha deidade que precisa ser venerada, creando imaxes cheas de solemnidade e de gran impacto visual.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This