Tribu humana
- Jorit (Jorit )
O obxectivo do italiano Jorit https://www.facebook.com/joritagoch/ é acercarse o máximo posible á realidade, e isto só é posible a través dun estudo exhaustivo e minucioso para posteriormente a través de moitas técnicas pictóricas facer unha reprodución escrupulosa e con todo luxo de detalles.
Jorit é coñecido por representar a faciana humana cun realismo sorprendente e de dotalas dunha maxestade similar a dun Tótem, coma unha deidade que precisa ser venerada, creando imaxes cheas de solemnidade e de grande impacto visual.
Despois de 10 días de traballo continuado Jorit deixounos esta maxestuosa obra na vila, na cal representa como ven sendo habitual na súa obra un retrato hiperrealista con todo luxo de detalles, neste caso presenta a faciana dunha moza de ascendencia galega. Pretende facer unha reflexión a traves do retrato, todos somos da mesma tribo, a humana. Ao longo da súa obra representou a moita xente famosa e tamén anónima, co que quere transmitir que todos temos en común o mesmo poderoso rasgo, a faciana.