Alba Fabre: de educadora social a artista
Esta creadora catalá caracterízase por traballar un estilo próximo ao impresionismo no que os traballos figurativos adoitan ser o protagonistas
Estades a seguirlles xa a pista ás e aos artistas convidados ao Rexenera Fest? Nós poñévolo máis fácil facéndolles un breve perfil. Hoxe toda falar da catalá Alba Fabre, que, con outros catro artistas, estará a pintar en Carballo do 2 ao 13 de xuño.
A súa vocación inicial foi a de ser educadora social, pero Alba prontó deixou a carreira para pasarse ao ámbito artístico. O seu traballo caracterízase por un estilo figurativo próximo, en ocasións, ao Impresionismo. As súas obras interésanse pola análise da linguaxe e os conceptos da arte clásica, reproducidas nunha pintura onde a forza e a cor son o centro de atención.
Formouse no Programa de Debuxo e Pintura na Barcelona Academy of Art, onde agora mesmo traballa como profesora. Á vez, desenvolve a súa obra persoal no seu estudo situado tamén en Barcelona xunto a outros artistas. Que ganas de ver o que ten preparado para Carballo!
Podedes botarlle un ollo ao seu traballo:
- En Instagram: @albfs
- No seu perfil na Barcelona Academy of Art: https://www.academyofartbarcelona.com/instructor/alba-fabre/