Foto principal mural Sen título

Sen título – Cinta Vidal

Rexenera Fest 2017 – 3ª edición

Tras plasmar a súa arte no lateral da Estación Vella, Cinta agasallou a Carballo cunha nova obra coa que nos atopamos por sorpresa unha mañá. Fiel ao seu estilo e seguindo o desafío a entender este equilibrio desequilibrante, encheu unha das paredes da traseira da Estación Vella especialmente rota e parcheada, de toda unha serie de casas volteadas e que xiran respecto a un eixo central, xunto con outras que parece que se van afastando, faltas de gravidade.

Fusionando esta obra co marco no que as representa, neste mural volve a abraiar cun estilo moi característico baseado en arquitecturas que desafían o noso equilibrio, nun estilo máis esquemático que o do seu mural principal, pero no que se expresan con forza todo o universo desta artista. Está na rúa do Arcebispo Romero Lema, no parque Rego da Balsa.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This