Cinta Vidal
Cinta Vidal Agulló
Tooltip Text España (Barcelona)
Cinta Vidal fórmase na Escola de Massana de Barcelona e a idade moi temperá comeza a traballar no Taller de Escenografía Castells, un dos máis prestixiosos no seu eido, onde co paso dos anos adquire a súa pincelada precisa e o gusto polo detalle. Na súa serie de traballos persiste na representación dunha inconexión co mundo que nos rodea e esta realidade paralela reflíctese suprimindo a dimensión gravitatoria.
A súa obra é unha reflexión sobre a orde e desorde dos elementos, dos mundos, dos obxectos e das ideas. Historias que conviven sen chegar a cruzarse.
«É un desafío a entender este equilibrio desequilibrante»