Lidia Cao
Lidia Cao
Tooltip Text España (Santiago de Compostela)
Nace en Santiago de Compostela en 1997. Técnica Superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso de A Coruña, dende pequena debuxaba os libros e cubría calquera superficie co bolígrafo. Interesouse polo debuxo de figuras e rostros, analizando as expresións e o qué decir con moi pouco. Nunca asistíu a clases particulares e considérase maiormente autodidacta. Foi en 2016 cando o muralismo bate no seu camiño gracias a obradoiros de iniciación a partir dos cales empeza a explorar novos mundos.
Encántalle crear o volumen a través de simples liñas. A súa paleta é en gran parte monocromática, utilizando tamén cores desaturadas e pouco estridentes. Participa en varios festivais de muralismo como desOrdes Creativas (Ordes), Muro Crítico (Cáceres), VICC (Vigo) ou Urbanidades do Eixo (Aveiro, Portugal). Actualmente traballa como ilustradora freelance e artista mural.