Conxuro para unha estabilidade
- Milu Correch (Milu Correch)
Seguindo a serie de traballos murais que Milu está a desenvolver nos últimos tempos, nos que xoga coa idea do conxuro e coa representación da muller como meiga ou menciñeira para achar solucións ou curacións propias das problemáticas de xénero contemporáneas, neste caso Milu, amósanos a dúas mulleres empoderadas realizando un novo feitizo para acadar a estabilidade desexada.
O uso da figura da muller como meiga ou bruxa, portadora dun coñecemento máis profundo e polo tanto, temida socialmente, e o feito de despoxala de todo matiz negativo ao que estamos acostumados historicamente, é unha declaración de intencións e un alegato feminista para a reivindicación da muller como responsable das loitas que ten que asumir e emprender no día a día.
Un traballo impecable, minucioso e certeiro, preciso na pincelada e no xogo de luces e sombras, cunha paleta de cores desaturadas que segue a estela da serie de conxuros anteriores e que nos sitúa en ambientes semiabandonados, nos que agroman necesariamente novos movimentos de resistencia.