Foto principal mural Vida sinxela

Vida Sinxela

Rexenera Fest 2017 – 3ª edición

Iria Fafián é ilustradora; Nada é muralista e hai pouco tamén apareceu Tirria. En realidade son diversas facetas da mesma persoa que dan lugar a resultados gráficos bastante diferentes. No campo da ilustración e do debuxo traballa desde un punto máis intimista, e no muralismo explora un mundo de personaxes bizarros e algo demoníacos, coma se fosen deidades ocultas na vexetación do inconsciente.
Iria bebe da ilustración e do graffiti cunha marcada personalidade que fai agromar personaxes e mundos oníricos.
Nesta ocasión a artista galega creou unha imaxe chea de misterio na que observamos unha escena onde a personaxe principal está a punto de adentrarse nunha fraga frondosa e inhóspita, a piques de comezar unha aventura. Atrás, nun claro, deixa unha mochila.
O conxunto da obra fala sobre a procura do incerto e do feito de deixar atrás a zona de confort, a rutina, para emprender unha procura de novas experiencias e de posibilidades nun futuro incerto.

Foto mural Vida sinxela, 1 de 7
Foto mural Vida sinxela, 2 de 7
Foto mural Vida sinxela, 3 de 7
Foto mural Vida sinxela, 4 de 7
Foto mural Vida sinxela, 5 de 7
Foto mural Vida sinxela, 6 de 7
Foto mural Vida sinxela, 7 de 7

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This