Masterclass do manexo do aerosol-SPOK
- Spok (Spok )
Spok é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. O seu estilo pictórico bebe directamente do estilo que adquiriu pintando graffiti nos 90. O seu traballo é recoñecido polo contexto fantástico e a linguaxe con toques de humor negro que destaca do resto. Cunha técnica hiperrealista e grandes formatos, Spok logra establecer un diálogo co espectador que non deixa indiferente a ninguén. Realizou multitude de proxectos para grandes firmas e axencias de publicidade. Pintou murais en numerosos festivais, lugares como México, Bos Aires, Hong Kong, Miami…
Así mesmo, participou en múltiples exposicións colectivas e individuais como TATE Modern’s Walking Tour, o stand de El País en ARCO ou o Instituto Cervantes en Manchester. Os participantes da Masterclass poideron achegarse ás técnicas que diferencian e fan único a Spok.