El silencio en medio de la tormenta
- Isaac Mahow (Isaac Mahow)
Isaac Mahow es un ilustrador y muralista, con gran influencia del graffiti y muy cerca del estilo Lowbrow, surrealista pop lleno de humor y sarcasmo.
En su obra «El silencio en medio de la tormenta» trae a Carballo este universo surrealista en una grand pared de fondo blanco en el que destacan dos figuras enfrentadas que emergen entre las aguas, paraguas y otros símbolos definidos con unas formas cortantes y limpias, mezcladas con otras sinuosas y degradadas, constantes que marcan su estilo personal y reconocible, lleno de simbolismos y metáforas visuales.
«Faime graza visualizarme baixo a choiva con luvas impermeables e o paraugas cara os meus pés. Imaxínome que se divide o indivisible cando a caída remata. Unha gota de auga é unicamente unha gota de auga ata que morre ao bater. Entón é moito máis, é un caos en expansión. Sei de paraugas onde colle máis dun ao cuberto da choiva, e onde non importa quén suxeita o mango, faino a man parva. Xusto alí pódense escoitar os asubíos de frechas que semellan enteiras pero que son só metades, porque non todas as frechas precisan ser deseñadas para facer dano, é máis, hai frechas que unen, ou frechas que nunca amosan a punta, só o seu esplendoroso plumaxe, e a súa única función é atopar outra punta. Pódense oír no medio da treboada, xusto debaixo do paraugas para dous, onde todo está en silencio, polo menos por un segundo. Imaxínome que se une o que semella disperso, a unha gota chocarse e xerar minúsculas ondas que conteñen minúsculas treboadas con minúsculas nubes que disparan raios. Imaxínome esas minúsculas ondas apresuradas por morrer para que dende o seu centro se acade unha nova gota, máis calma e sinxela. A tensión que xeran os opostos prodúceme paz. O que debería ser un, son dous, e ao revés. O caos abaixo e a calma enriba. Unha calma que se non a pensas moito, semella infinita.»