Xa está o programa completo do Rexenera Fest 2021: vinde vernos!

Xuñ 2, 2021 | Arte urbano, Rexenera Fest

Entre o xoves 3 e o domingo 13 de xuño o festival acolle a artistas chegados de Arxentina, Cataluña, Madrid, Aragón, Andalucía e Galicia

Un ano máis volve o Rexenera Fest, o festival internacional de arte pública de Carballo, que terá lugar do 3 ao 13 de xuño nas nosas rúas e que aumentará o xa extenso e rico patrimonio muralístico do centro urbano da vila con 6 novas obras de gran formato. Durante os dez días de festival seis artistas chegados de distintas orixes estarán a traballar na súa respectiva intervención en seis localizacións distintas. A presenza internacional chega desde Arxentina e tamén veñen artistas de Madrid, Cataluña, Aragón, Andalucía, e, como cada ano, tamén hai representación galega.

Ademais, e como cada edición -sempre respectando as medidas de seguridade COVID-19- haberá unha oferta de actividades paralelas, entre as que hai que subliñar as visitas guiadas en grupos dun máximo de 8 persoas para ver a evolución dos murais día a día, pero tamén haberá conversacións cos artistas a través das redes sociais; ou xogos para nenos e nenas e tamén para adultos que servirán para coñecer mellor a arte urbana e as xa máis de 80 obras que hai distribuídas por Carballo dunha forma lúdica.

Artistas convidados

En canto ás e os artistas convidados a pintar este ano, veñen desde España (Madrid, Cataluña, Aragón, Andalucía e Galicia) e o toque internacional chega desde Arxentina. Aquí tedes os seus nomes e os lugares onde pintarán:

Actividades paralelas

  • XOGO DE PISTAS PARA FAMILIAS: de balde con inscrición previa.

A través deste xogo, adultos e pequenos compartirán momentos de diversión á vez que coñecen máis da arte urbana de Carballo e ven a localidade con outros ollos.

DATAS: do 3 ao 13 de xuño.
LUGAR: recollida de pistas no Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera, 8).
INSCRICIÓNS E +INFO: en turismo@carballo.gal ou no 981 702 077.
PARA TODOS OS PÚBLICOS PREMIOS PARA OS PARTICIPANTES QUE REMATEN O XOGO

  • BUSCANDO OURO: de balde con inscrición previa.

Con este xogo de pistas, a modo dunha peculiar busca do tesouro, os/as participantes terán que mergullarse de cheo na arte urbana esparexida polas rúas de carballo,  resolver as pescudas que se lle vaian dando e descifrar as incógnitas inxeridas nos propios murais para poder chegar á meta e  atopar o ansiado ouro.

DATA: sábado 12 de xuño.
HORARIOS: de 19.00 a 21.00 h.
LUGAR: recollida da primeira pista no Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera, 8).
INSCRICIÓNS E +INFO: en turismo@carballo.gal ou no 981 702 077.
PREMIOS: Obra gra?fica dos  artistas participantes e pack de merchandising para os 3 primeiros en terminar a busca.
PARA MAIORES DE 14 ANOS

  • VISITAS GUIADAS: de balde con inscrición previa.

Durante a celebración do fes6val está previsto o desenvolvemento de visitas guiadas para que as persoas interesadas poidan ir vendo a evolución dos murais mentres os ar6stas os están pintando.

DATAS: do 3 ao 13 de xuño.
HORARIOS: de 11.00 a 12.00 h. pola mañá; de 20.00 a 21.00 h. pola tarde.
PRAZAS: grupos dun máximo de 8 persoas.
LUGAR DE SAÍDA: Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera, 8).
INSCRICIÓNS E +INFO: en turismo@carballo.gal ou no 981 702 077.
PARA TODOS OS PÚBLICOS / PODERÁN PACTARSE TAMÉN VISITAS GUIADAS COS CENTROS DE ENSINO

  • ENCONTROS NAS ALTURAS: entrevistas cos e coas artistas por Instagram

O festival ofrecerá a posibilidade de conversar en directo cos artistas convidados sobre o proceso creativo da súa obra. Farase a través de directos en Instagram e dende as propias grúas en cadanseu mural, como unha maneira de achegar o traballo e os procesos dos artistas ao gran público dun xeito cercano e distendido.

DATAS E HORARIOS: Publicaranse durante o festival nas redes sociais do Rexenera Fest:

  • TODA A INFO POLO MIÚDO EN:

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This