Último nome para o Rexenera Fest: Udatxu

Xuñ 2, 2022 | Arte urbano, Rexenera Fest

Desde País Vasco chega a Carballo Udatxo, cun traballo inspirado no ambiente urbano e en escenas da vida cotiá

E tan só queda por presentar unha artista para o Rexenera Fest 2022, que terá lugar entre o 2 e o 13 de xuño. Udane Juaristi, que ten en Udatxo o seu nome artístico. Licenciada en Belas Artes, a súa maior inspiración é o ambiente urbano, desde as rúas ou os personaxes que as transitan, até os elementos que o configuran, como coches ou mobiliario urbano.

Ese carácter urbano tan ancorado no seu ser ha ir transformando a súa obra, até chegar a pintar paredes e murais da rúa. E é que a rúa sempre foi fonte de inspiración en Udane. Crea escenas a partir das fotografías que vai sacando nos seus paseos polo mundo, ás que dá vida e cor mediante a pintura.

Para Udane non hai límites á hora de experimentar. Expresa a súa arte a través de multitude de formatos, técnicas e linguaxes, entre os que está a pintura, o collage ou o transfer, ademais da arte urbano.

Estamos a desexar saber con que nos sorprenderá nesta nova edición do fesival.

Podedes descubrir o seu traballo aquí:

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This