Todos os murais do Rexenera Fest 2020
Descobre terminadas as obras do festival deste ano e atopa animais salvaxes, realismo e surrealismo, ironía, denuncia ou mesmo a lúa
Despois de máis de 10 días de traballo de sol a sol, o Rexenera Fest 2020 deixou cinco novas obras de gran formato para o museo ao aire libre no que se converteu Carballo. Xoana Almar, Sabek, Elisa Capdevila, Reskate Studio e Sokram son os creadores que envorcaron toda a súa creatividade noutros tantos murais nos que podemos atopar o mar, a terra, a choiva, a natureza, a ironía, o realismo, o surrealismo, a cultura galega…
As imaxes (que podedes ver máis abaixo na Galería) falan por si mesmas, pero sempre vos recomendamos que os vexades en persoa. Impresionan!
Aquí vos deixamos a listaxe de autores cos títulos e a localización. Disfrutádeos!
- Xoana Almar (Galicia): Terra e mar Rúa Salgueiro, 5.
- Sabek (Madrid): Resilience (“Resiliencia”) Rúa Buenos Aires, 23.
- Elisa Capdevila (Cataluña): Helen Rúa Venezuela, 24.
- Reskate Studio (Cataluña / Euskadi): Din que chove Rúa Santa Ana, 10.
- Sokram (Galicia): Entropías e distopías Avenida da Milagrosa, 71.
Enlaces de interés: