RUTAS

En Carballo podes atopar cerca de 100 murais repartidos por todo o centro urbano. Percorrelos todos dunha soa vez pode resultar complicado pola falta de tempo, ou polo longo camiño que hai que percorrer. Así que, se non queredes perdervos nada pero non tendes tempo para velos nunha única xornada, ou se preferides centrarvos só nalgúns, aquí vos propoñemos unha serie de rutas -clasificadas por cores- de entre unha hora ou hora e media de duración para que poidades velos aos poucos, ao voso aire. Se as acabades todas teredes visto todos os nosos murais!

Só tedes que escoller a vosa opción, facer clic e seguir a ruta en Google Maps. Pasádeo ben!

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal