Reskate trae a cultura pop e a cartelería ao Rexenera Fest
Cultura popular, orixinais carteis e a influencia do deseño gráfico son os acenos de identidade deste colectivo con sede en Barcelona
Reskate é un colectivo artístico formado por María López e Javier de Riba, artistas visuais de Donostia e Barcelona respectivamente. O seu taller estudo está situado no barrio de Sants de Barcelona. Comezaron a traballar xuntos creando o proxecto Reskateboarding, que naceu coa intención de rescatar monopatíns abandonados para pintalos e restauralos dándolles unha segunda vida.
De 2011 a 2014 comisariaron, produciron e organizaron exposicións en toda Europa ata que decidiron establecer o seu estudo de arte co mesmo nome, Reskate Studio. Como colectivo artístico, cuestionan o seu estilo en cada proxecto, crendo firmemente que a estética, as técnicas e os materiais utilizados nunca deben ser irreflexivos ou gratuítos; pola contra, deben existir unicamente como un recipiente para transmitir e amplificar a mensaxe subxacente do traballo.
Conexión coa cultura local
Están influenciados pola pintura clásica de letreiros, a cultura popular e o deseño gráfico. O seu traballo inclúe murais, ilustracións, exposicións e instalacións. Nos seus murais, presentan obras que conectan co espazo que os rodea, representando historias e feitos da cultura local.
De feito, os murais inspirados en carteis antigos forman parte da iniciativa Reaction project, no que reflexionan sobre o uso do espazo público como a rede social que é. Por medio dun estilo retro-publicitario, presentan unha mensaxe libre de calquera produto para reclamar expresións no espazo público que melloren a sociedade de maneira colectiva.
- Web de Reskate Studio: https://www.reskatestudio.com/
- Instagram de Reskate Studio: https://www.instagram.com/reskatestudio/
