Queres coñecer os murais de Carballo?

Mar 19, 2018 | Visitas guiadas

Só tes que reunir un grupo de dez ou máis persoas, contactar con nós e xa tes visita guiada gratuíta. Infórmate!

Tes gañas de saber máis cousas sobre os murais de arte urbana de Derrubando Muros con pintura e do Rexenera Fest? ¿Apetéceche facer un percorrido por eles? Pois podes optar a realizar unha visita guiada na que coñecer todos os segredos dos murais de Carballo e de forma gratuíta. Só tes que xuntar un grupo de dez ou máis persoas, cubrir o noso formulario de solicitude ou chamar ao 981 702 077 e obter toda a info para poder realizar os percorridos. Tamén podes contactar con nós no enderezo electrónico <museo@carballo.gal>.

Os murais de Derrubando muros e do Rexenera Fest están espallados por toda a capital municipal carballesa e xa son máis de sesenta. Numerosos artistas internacionais e locais teñen deixado a súa pegada en moitos dos recunchos da localidade, con motivos que van desde o amor, ás alegorías, á  igualdade entre homes e mulleres, a guerra e a paz ou as ansias de superación; con imaxes que reflicten a natureza, seres mitolóxicos ou o noso día a día.

Todo está á túa disposición a tan só unha chamada ou un mail de distancia! Ven a Carballo e goza connosco!

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This