Pichiavo: primeira confirmación para o Rexenera Fest 2019

Mai 8, 2019 | Derrubando muros con pintura, Rexenera Fest

Xa temos o nome dos primeiros artistas que deixarán a súa pegada en Carballo durante o Rexenera Fest 2019: PichiAVo!

PichiAvo son un dúo español recoñecido pola súa habilidade para crear relacións entre arte, arquitectura, escultura, espazo e contextos sociais, adoptando un enfoque altamente atractivo e performativo, rotundo no seu discurso artístico e plenamente innovador nas súas fusións. Na súa arte podemos identificar a perfecta deconstrucción da arte clásico e da máis actual arte urbana para crear unha nova fusión que sendo fiel á súa herdanza clásica produce unha visión da arte.

Cores do Mediterráneo

Todo empezou en 2007, cando comezaron a deixar espectaculares e brillantes toques de cor mediterránea nas rúas de Valencia e España en xeral. Pichi e Avo teñen infundido un asombroso nivel de detalle figurativo no seu labor. Toques de surrealismo asaltan e golpean ao espectador achegándolle mentres lle involucra nunha radiante explosión sen barreiras, do talento a spray. Creando un enorme balbordo na súa cidade natal e a piques de salpicar o resto de Europa, están a participar xa en numerosos eventos nacionais e internacionais.

Pichi e Avo son un, fuxindo do egocentrismo do grafitti e únense para dar a luz unha obra individual, dúas visións similares do mundo  son o resultado do seu traballo. Este ano foron os encargados de crear a Falla Municipal de Valencia xunto aos veteranos artistas falleros Latorre e Sanz, cunha repercusión moi positiva entre o público.

_____________________________________

Máis info en www.pichiavo.com

 

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This