Os murais de Carballo: entre os mellores do mundo

Feb 11, 2020 | Arte urbano, Derrubando muros con pintura, Rexenera Fest

Carballo, unha vez máis, faise coñecido en todo o mundo grazas ao seu proxecto de arte urbana. A web e o aplicativo Street Art Cities, dedicada en exclusiva a recoller proxectos de arte urbana en todo o mundo, recolleu a iniciativa carballesa entre os mellores grafittis do mundo. Así,Street Art Cities xeolocaliza unha selección de murais situados por todo o globo. O seu obxectivo é compartir estes lugares para que todos a amantes da arte urbano poidan visitalos.

Na aplicación faise referencia a 15 mil murais en 271 cidades de 66 países diferentes, entre eles, os 75 de Carballo. Ademais de recompilar a localización, a aplicación reúne todo tipo de datos e curiosidades sobre a pintura e os propios usuarios poden achegar máis documentación. Este sistema xa está dispoñible, tanto para Android como para iPhone:

Eco na televisión

A presenza de Carballo, xunto con outras dúas cidades galegas como son Ferrol e Ordes, nas recomendacións da web e a aplicación xerou interese, de tal forma que Derrubando muros con pintura saíu en medios escritos como O Español, ou no Telexornal da TVG nunha reportaxe.

Aquí podedes leer o artigo: Quincemil – El Español

Aquí podedes ver a peza no Telexornal: Carballo, Ferrol e Ordes, berce dos mellores murais de arte urbana

Peza completa sobre a arte urbana de Carballo, Ferrol e Ordes no Telexornal da TVG

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This