O Rexenera Fest enche de cores o verán de Carballo

Xul 15, 2020 | Arte urbano, Rexenera Fest

O festival internacional de arte pública celebrarase entre o 16 e o 26 de xullo con 5 artistas de Madrid, Cataluña, Galicia e Euskadi

Carballo volve a acoller o Rexenera Fest! O festival de arte pública celebrará a súa sexta edición entre o xoves 16 e o domingo 26 de xullo de 2020 con cinco artistas convidados. A cita adoita celebrarse todos os anos a finais do mes de maio, pero a pandemia da COVID-19 obrigou a aprazar o festival que sempre invade Carballo coas brochas, sprays e pinceis e chea de cor os muros da localidade. Finalmente o Rexenera poderá celebrarse con todas as medidas de seguridade e prevención que esixe a situación sanitaria.

E aínda que, precisamente debido á situación sanitaria, estaba previsto que o festival consistira exclusivamente en pintar cinco murais de grande formato, finalmente celebraranse algunhas actividades paralelas como visitas guiadas -para grupos moi reducidos en aras da seguridade- para ver a evolución dos murais día a día; directos en Instagram que permitirán ver conversas cos artistas; ou xogos para cativos e cativas e tamén para adultos que servirán para coñecer mellor a arte urbana e as xa máis de 75 obras de Carballo dunha forma lúdica.

Artistas convidados

En canto aos artistas convidados a pintar, este ano son cinco, chegados desde Madrid, Cataluña e Euskadi e con dous procedentes de Galicia. Aquí tedes os seus nomes e os lugares nos que van pintar.

 

Actividades paralelas

  • XOGO DE PESCUDAS PARA FAMILIAS: de balde con inscrición previa.

A través deste xogo, adultos e pequenos compartirán momentos de diversión á vez que coñecen máis da arte urbana de Carballo e ven a localidade con outros ollos.

  • DATAS: do 16 ao 26 de xullo.
  • LUGAR: recollida de pistas no Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera, 8).
  • INSCRICIÓNS E +INFO: en turismo@carballo.gal ou no 981 702 077.
  • PARA TODOS OS PÚBLICOS
  • PREMIOS PARA OS PARTICIPANTES QUE REMATEN O XOGO

 

  • BUSCANDO OURO: de balde con inscrición previa.

Con este xogo de pistas, a modo dunha peculiar busca do tesouro, os/as participantes terán que mergullarse de cheo na arte urbana esparexida polas rúas de carballo,  resolver as pescudas que se lle vaian dando e descifrar as incógnitas inxeridas nos propios murais para poder chegar á meta e  atopar o ansiado ouro.

  • DATA: 24 de xullo.
  • HORARIOS: de 19.00 a 21.00 h.
  • LUGAR: recollida da primeira pista no Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera, 8).
  • INSCRICIÓNS E +INFO: en turismo@carballo.gal ou no 981 702 077.
  • PREMIOS: Serigrafías de edición limitada e pack de merchandising para os 3 primeiros en finalizar a busca.
  • PARA MAIORES DE 14 ANOS

 

  • VISITAS GUIADAS: de balde con inscrición previa.

 Durante a celebración do festival está previsto o desenvolvemento de visitas guiadas para que as persoas interesadas poidan ir vendo a evolución dos murais mentres os artistas os están pintando.

  • DATAS: do 16 ao 26 de xullo.
  • HORARIOS: de 11.00 a 12.00 h. pola mañá; de 20.00 a 21.00 h. pola tarde.
  • PRAZAS: grupos dun máximo de 10 persoas 
  • LUGAR DE SAÍDA: Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera, 8).
  • INSCRICIÓNS E +INFO: en turismo@carballo.gal ou no 981 702 077.
  • PARA TODOS OS PÚBLICOS

 

  • CONVERSAS COS ARTISTAS POR INSTAGRAM

O festival ofrecerá a posibilidade de ver conversas cos artistas convidados. Farase a través de directos en Instagram.

DATAS E HORARIOS:

Publicaranse durante o festival nas redes sociais do Rexenera Fest:

 

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This