O Rexenera Fest 2020 en imaxes!
Xa temos o vídeo resumo do sexto Rexenera Fest, o festival de arte pública do Concello de Carballo. A pesar da difícil situación sanitaria, puidemos sacar adiante a edición de 2020 que tivo lugar entre o 16 e o 26 de xullo con 5 artistas de Madrid, Cataluña, Euskadi e Galicia: Xoana Almar, Sabek. Elisa Capdevila, Reskate Studio e Sokram. Cinco novas obras para o museo ao aire libre de Carballo! Tendes todas as claves de todo o ocorrido neses 10 días en pouco máis de 2 minutos.
- Aquí está o vídeo completo de 2:30 minutos en Youtube: https://youtu.be/EtvtykH9bKg
- E máis abaixo un clip de 30 segundos cos murais finais.
Desfrutádeo!