O mar volve a Derrubando muros…
A traseira dos vestiarios do campo de fútbol de Razo acollerá un novo mural realizado polo artista sevillano Javier de la Rosa e inspirado polo areal
Vista do mural xa existente en Razo, na caseta dos socorristas
O deseñador e ilustrador atopou inspiración no areal para desenvolver o deseño do mural, que estará vencellado á praia
Javier de la Rosa forma parte, xunto con Alba Nicolás, de Milicia Gráfica. Nacido en Sevilla en 1966, comeza a súa formación alí para logo trasladarse a Madrid desenvolvendo a súa carreira até hoxe. Unha carreira creativa na que se combinan desde os seus comezos a faceta de deseñador e grafista coa de ilustrador. As súas ilustracións evidencian os seus intereses plásticos e estéticos así como as súas influencias, case sempre explícitos: o mundo da publicidade, o cómic, o cinema, a música, pero tamén Pollock, Twombly, Lichtenstein ou Hockney. Ten traballado en moda, cunha colección para Zara Man, por exemplo; e a súa obra gráfica aparece tamén en series como Mom ou This is us de produtoras como Netflix, Neox, NBC…
Agora deixará a súa pegada en Razo a través de Derrubando muros con pintura e coa colaboración do Raz Surf Clube, xa que é a través deles polo que está de visita en Carballo na nosa praia. Será o segundo mural que se pinta no areal, despois do situado no posto de socorrismo, e outra das moitas viaxes artísticas que o proxecto ten realizado inspirado no mar e na praia. Agardamos impacientes o resultado da súa obra!