Novas obras para o museo ao aire libre de Carballo!

Set 27, 2021 | Arte urbano, Derrubando muros con pintura

Derrubando muros con pintura crece ata reunir un total de 92 obras despois da incorporación de 10 novos murais durante o ano 2021

Derrubando muros con pintura xa conta con 92 obras no centro urbano de Carballo. Durante a primavera e o verán de 2021 incorporáronse un total de 10 novos murais a través de dúas iniciativas: por unha banda o festival de arte urbana Rexenera Fest, que tivo lugar do 3 ao 13 de xuño; e por outra Derrubando Muros con Pintura – Edición Verán, na que catro novos artistas de Carballo contribuíron a aumentar o museo ao aire libre no que se converteu a localidade. No caso da edición de verán de Derrubando Muros hai que destacar a actuación de Isa Bermúdez, Nere Rama «Bailando na lúa»NazaretTucho. Todos eles son menores de 25 anos e aínda así lograron crear en 10 días catro obras de técnicas, temáticas e formatos moi diferentes pero que demostran a súa calidade artística e un futuro prometedor.

Aquí vos deixamos os títulos, temáticas e direccións deste catro novos murais, por se queredes visitalos:

  • “Crianças” – Nazaret FrancoRúa Igrexa (zona parking do San Martiño ). Tamén chamada «Nenos» ten a súa inspiración nas fotografías de Sebastião Salgado un fotógrafo e fotoperiodista brasileiro moi coñecido polas súas imaxes de persoas en países menos desenvolvidos ou en situación de pobreza, xeralmente en branco e negro. Nazaret realiza unha interpretación destas nenas e nenos da guerra retratados por Salgado. Procurou plasmar a gran contradición que revelan as obras do fotógrafo: nenos sen infancia.

 

  • “A liberdade  interior” – Nere Rama “Bailando na lúa” (Ludoteca Municipal). O mural trata da liberdade máis pura que levamos dentro, a mesma que nos fai sentir, florecer, crecer e (re)vivir. A motivación principal que tivo a artista para levalo a cabo foi todo o agarimo que lle desprende a localización e que sempre leva na memoria. Lugar moi frecuentado na infancia e que garda miles de momentos bos. A infancia é o que che marca dalgunha maneira para chegar a ser o que se queira ser co paso dos anos, e é o máis esencial para florecer e ser libre. Amar moito e ter a sorte de ser criada ou criado aprendendo a importancia de ser libre e así poder florecer grazas a ese mesmo feito. Iso é o principal que Nere Rama buscaba transmitir para ese lugar: calma, recordos, paso do tempo e moito amor.

 

Mural “Crianças” de Nazaret Franco
  • “Herdanza” – Isa Bermúdez (Rúa Xazmíns con Tomiño). Unha avoa e o seu neto están a facer crecer unha planta, a avoa está entregándolle así ao neto os coñecementos para sementar, coidar e querer a terra. Bermúdez explica que tivo a idea vendo como pais ou avós se queixan de que as nenas e nenos pasan moito tempo coa «maquinita» pero logo cando estes van xogar ou acompañalos á horta e similares, dinlles que teñan coidado, que se van a manchar, que se van a facer dano e desta forma non os deixan investigar e experimentar na terra como todo neno debería facer.

 

  • “KLK MANIN” – Tucho (Calle Fábrica). Nunha xanela ao Atlántico descansa unha muller na beira do mar. Semella levitar, tranquila, contemplando o horizonte mentres a mirada do espectador interrompe este momento íntimo. Na area da praia hai unha chea de pintadas que reflicten, en contraposición á muller, unha pintura máis primaria, urbana e visceral: froito da necesidade humana de deixar pegada. En honra á verdade, as pintadas tamén son froito da árbore da picaresca. No horizonte están as illas Sisargas, aínda que aquí teñen forma de molete pois este mural é “máis de Carballo que o pan”.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This