Foto principal mural Vergoña

Vergoña

Rexenera Fest 2017 – 3ª edición

Sekone é un artista multidisciplinar a cabalo entre o debuxo, a pintura, o deseño gráfico e o muralismo. A súa permanente curiosidade empúrrao explorar diversos medios pictóricos, o que dá como resultado unha obsesión polo coidado do detalle e o perfeccionamento da técnica, saltando dun medio a outro e creando un discurso que bebe a partes iguais da nostalxia, o absurdo, o cotiá e a súa propia intimidade vital e creativa.
Seguindo a estela conceptual dalgúns traballos anteriores en formato mural, Sekone compuxo para o Rexenera Fest unha imaxe cun impacto visual extraordinario e innegable, situada nunha das vías principais da vila. Unha imaxe graficamente directa pero conceptualmente aberta á interpretación do espectador e que simboliza varias reflexións simultaneamente.
Por unha banda, fai referencia á continua viaxe persoal e artística entre o erro e a frustración, un camiño intrínseco ao ser humano e ineludible que nos fai mellorar como persoas e medrar como creadores tanto na técnica coma no discurso narrativo. E por outra banda, albíscase outra lectura que sinala á tópica dicotomía entre graffiti vandálico e muralismo contemporáneo, dúas caras dunha mesma moeda que se cabe ten máis lados e aristas das que nos parece a primeira vista.

Foto mural Vergoña, 1 de 8
Foto mural Vergoña, 2 de 8
Foto mural Vergoña, 3 de 8
Foto mural Vergoña, 4 de 8
Foto mural Vergoña, 5 de 8
Foto mural Vergoña, 6 de 8
Foto mural Vergoña, 7 de 8
Foto mural Vergoña, 8 de 8

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This