Foto principal mural Saturno

Sen título – Saturno

Rexenera Fest 2017 – 3ª edición

Saturno, nado en 1979 na pequena cidade costeira de Malgrat de Mar (Barcelona), a súa infancia estivo rodeada de cintas VHS, centros recreativos e salas de cine, de feito preto da súa casa contemplaba os carteis que anunciaban as películas de estrea semanal, e é nesa etapa cando descubre esta fascinación polos xéneros de fantasía, terror e ciencia-ficción. O seu contacto co graffiti é totalmente autodidacta e comeza a pintar sendo moi novo, en 1994. O seu estilo único e recoñecible destaca pola súa técnica e o control da cor, que se nutre do graffiti, da ilustración tradicional e dixital. A día de hoxe é todo un referente da escena urbana europea.

Saturno dou renda solta ao seu imaxinario no mural que executou no Fórum, cheo de personaxes propios dunha película de fantasía de finais dos 80 ou se cadra das portadas dos primeiros videoxogos daquela época, a cal invita ao espectador a viaxar a outros mundos e a deixar voar a imaxinación. Preséntanos unha escena onírica donde a técnica e o estilo é a mensaxe principal da obra, creando personaxes e escenarios con unha técnica depurada e impecable do aerosol, conseguindo unha definición nos acabados e unha saturación na cor que non deixa indiferente.

Foto mural Saturno, 1 de 9
Foto mural Saturno, 2 de 9
Foto mural Saturno, 3 de 9
Foto mural Saturno, 4 de 9
Foto mural Saturno, 5 de 9
Foto mural Saturno, 6 de 9
Foto mural Saturno, 7 de 9
Foto mural Saturno, 8 de 9
Foto mural Saturno, 9 de 9

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This