Foto principal mural Sen título

Sen título – Pixel Pancho

Rexenera 2015 – 1º edición

Foi o de Pixel Pancho, sen dúbida, un dos murais que máis deu que falar dos que se fixeron durante a primeira edición do Rexenera Fest, quizais porque foron tres porquiños, e non outros animais de mellor reputación estética, os escollidos para a súa parede na rúa Gran Vía.
O italiano Pixel Pancho caracterízase por incluír nas súas obras, figuras robotizadas como forma de expresar unha crítica mordaz a un mundo capitalista no que a mecanización da industria alimentaria é un mal endémico. O seu traballo (murais, pinturas e esculturas) constitúe unha estrutura de historias interconectadas que teñen como fío condutor un mundo surrealista habitado por robots en descomposición. Os seus humanizados corpos de aceiro e cobre, cheos de analoxías físicas e xestuais, énchense de ferruxe e caen repetidamente no bucle do esquecemento. A través de referencias históricas e contemporáneas, as súas composicións adquiren un sentido metafórico que nos teletransportan ao noso espazo-tempo.
Así o fixo tamén en Carballo, nunha crítica á deshumanizacion da industria agroalimentaria e ao maltrato que nela se fai a uns animais que son considerados unicamente pola súa capacidade produtiva, coma simples mercadorías sen sentimentos nin capacidade de sufrimento, sen maior consideración ás súas condicións de vida.
A lectura dos tres porcos representados debe facerse de abaixo a arriba, desde o natural ao totalmente mecanizado.

Foto mural sen título, 2 de 11
Foto mural sen título, 3 de 11
Foto mural sen título, 4 de 11
Foto mural sen título, 5 de 11
Foto mural sen título, 6 de 11
Foto mural sen título, 7 de 11
Foto mural sen título, 8 de 11
Foto mural sen título, 9 de 11
Foto mural sen título, 10 de 11
Foto mural sen título, 11 de 11

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This