Sen título – Lula Goce
- Lula Goce (Lula Goce)
O traballo de Lula Goce tende a afondar no íntimo partindo do público, aparentes accións solitarias entroncadas con inquietantes naturezas vivas, onde o humano e o vexetal únense para simbolizar o que ela quere ou precisa.
Neste mural de grandes dimensións percíbese unha sensación de loita entre polos opostos, onde dun retrato escuro pero ao tempo sereno e reflexivo, agroman medos, fobias e outros monstros coas formas da antiga cultura clásica. Grifos, quimeras e estranas criaturas afloran do peito lembrándonos onde temos as luces, as sombras, e os medios tonos que precisamos para atopar o equilibrio no camiño vital.