Sen título – Lidia Cao
- Lidia Cao (Lidia Cao)
Como na súa habitual liña de traballo, na que os personaxes posúen o peso principal na composición, Lidia acostuma a xerar unha atmosfera onírica na que as expresivas facianas convértense en retratos psicolóxicos que adquiren unha dramaturxia latente.
Neste mural, fálanos da infancia roubada dende unha linguaxe poética e simbólica. Esa que xorde cando os pais ou titores crean un ambiente no fogar nada beneficioso para a mente das crianzas, traspasándolles os problemas aos pequenos da casa sen darse conta do que aínda son. Pequenas persoas que non están preparadas para asumir tales responsabilidades. Unhas carencias que se reflexarán ao longo da súa vida, forzándolles a madurar e reflexionar prematuramente.