Sen título – Lidia Cambón
- Lidia Cambón “MSSHANH” (Lidia Cambón Periscal)
A artista local Lidia Cambón, coa axuda de Andrés Andrade, foi a encargada de darlle colorido á antiga escola unitaria de Arrabales situada no parque do barrio da Milagrosa. A obra ocupa a totalidade da fachada do pequeno edificio, e nela represéntase unha escena protagonizada por cativos con motivos de inspiración infantil: debuxo de liñas redondeadas e cheo de cores. O mural lémbranos a antiga función que desempeñaba o edificio.