
Sen título – Curiot
- Curiot (Flavio Martínez)
O mexicano Curiot, despois do seu grande mural da rúa Gardenias ao lado do Pazo da Cultura, deixounos por sorpresa esta figura coa mesma estética de fonda raigame na cultura clásica mexicana. Neste caso, na parede traseira da Estación vella de autobuses, está representada unha figura como o chamán do seu consultorio, esta vez deitada, con todas as cores, detalles e símbolos propio dos aztecas que merece explorar en detalle.
O colorido e detalle da figura contrasta co gris do muro co que este artista deixou unha pegada de México en Carballo. Está na rúa do Arcebispo Romero Lema, no parque Rego da Balsa.