Sen título – Curiot
- Curiot (Flavio Martínez)
O mexicano Curiot, despois do seu grande mural da rúa Gardenias ao lado do Pazo da Cultura, deixounos por sorpresa esta pequena composición que enche de cor unha parede especialmente rechamante polo seu estado ruinoso.
Na única parede de pedra dunha antiga casa de planta baixa que agora pecha un solar, nos fragmentos de distintos tamaños que aínda conservan recebo, Curiot representa o que podería ser unha praia vista por un azteca, na que destacan unha palmeira, o sol sobre o mar e outras figuras xeométricas de clara estética mexicana.
O colorido e detalle que invade toda a superficie plana desta parede contrasta co seu estado ruinoso e embelece esta rúa carballesa.