Foto principal mural Sen título

Sen título – Case Maclaim

Rexenera 2016 – 2ª edición

Case, tamén coñecido como Andreas van Chrzarowski, membro co-fundador da mundialmente coñecida Ma’Claim Crew, é un histórico pioneiro do fotorrealismo no graffiti e sitúase como un dos maiores representantes deste estilo na arte mural contemporánea.
Sendo fiel ao seu estilo, en Carballo deixounos unha mostra da súa arte co aerosol, amosando o poder do movemento a través das mans que atan os cordóns duns zapatos, unhas mans que expresan o movemento coas cores pero tamén coa superposición de planos. O mural ocupa varias superficies do edificio do Fórum, co que a sensación de movemento increméntase xa que xoga con nós, que se nos movemos fronte a el, a nosa perspectiva fai que esta escena aparentemente tan sixenla, se mova con nós.
Partindo desta idea, o artista xermánico fálanos sobre o camiño a percorrer, un camiño no que bateremos con múltiples obstáculos que esquivar para chegar ao noso destino. Un traxecto durante o que tropezamos e teremos que erguernos de novo, asegurándonos de atar ben os zapatos antes de erixirse de novo e voltar a camiñar. Unha loita continua contra o tempo, os obstáculos e as cambadelas que poidamos atoparnos.

Foto mural Sen título, 1 de 7
Foto mural sen título, 3 de 8
Foto mural sen título, 4 de 8
Foto mural sen título, 5 de 8
Foto mural sen título, 6 de 8
Foto mural sen título, 7 de 8

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This