Foto principal mural Saltimbanquis

Saltimbanquis

Derrubando muros con pintura 2014

A imaxe central do mural é unha composición de acróbatas, siluetas en branco e negro que penduran de lazos de cores, ambos de formas xeométricas. Estas formas achéganse ó op art (arte óptico), que se caracteriza por crear efectos ópticos xogando con recursos plásticos como o fondo-figura, ou o contraste entre cores.
Na parte superior do mural, adaptándose á forma do edificio e aos seus elementos, como as ventás, que tamén foron un recurso máis na composición, xorde unha figura de maior escala acompañada de estrelas. O gorro, as pestanas esaxeradas, o xesto, recordan ás figuras do mundo do espectáculo, que tralas máscaras, a maquillaxe e o vestiario, crean unha escenografía máxica.
Na parte inferior dereita, no muro adosado á casa, atopamos a representación de Pierrot. Esta personaxe representa ao pallaso ferido de amor, o namorado de Colombina, de cara branca, melancólica e adornado cunha gran gorguera. O fondo volve a xogar coas formas xeométricas, creando unha ilusión de movemento ou volume.
Formalmente, é unha composición que xoga coas cores planas pero vibrantes e formas xeométricas sinxelas, creando unha composición lixeira, etérea, ao igual que os movementos das acróbatas penduradas no aire.

Foto mural Saltimbanquis, 1 de 6
Foto mural Saltimbanquis, 2 de 6
Foto mural Saltimbanquis, 3 de 6
Foto mural Saltimbanquis, 4 de 6
Foto mural Saltimbanquis, 5 de 6
Foto mural Saltimbanquis, 6 de 6

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This