
Rosalía
- Taracido (Antonio Taracido)
Nos muros traseiros do vello edificio da antiga escola Leus, coñecida como “a de Pallas”, atópase a obra de Antonio Taracido, nunha parede xemelga ao carón do mural de Santi Picos, que ambos pintaron á vez.
O artista, un apaixonado do retrato, pintou un rostro feminino empregando só dúas tonalidades da cor azul prusia. Destaca nel a habilidade no emprego da cor, pois cunha soa gama, os azuis, consegue así, malia á dificultade que implica, un resultado evocador ao que titulou Rosalía.