Foto principal mural Representación de Serpes de auga

Representación de Serpes de auga II

Derrubando muros con pintura 2016

Obra conxunta das artistas locais, Alita e Laura Tova, situada na rúa Muíño na que realizan unha interpretación da obra do pintor sezesionista austríaco Gustav Klimt, Serpes de auga II (1904-1907). Seguindo a Klimt, a composición organízase en horizontal, nunha superficie onde se alongan os corpos espidos de modernas sereas. Son catro lánguidas figuras de muller que, no caso desta representación, mestúranse entre unha paisaxe nocturna, a diferencia do óleo onde se entrelazan coas marañas de algas, confundidas cos longos cabelos. Así, a versión deste mural é a visión naturalista das autoras quen enchen a superficie de elementos orgánicos, fronte o estilo máis simbolista do artista austríaco, asociado a un carácter sensual e erótico, unha constante en tódalas súas pinturas.
A figura superior da esquerda aparece durmida de costas ao espectador, mentras que os dous rostros dos seu carón, parece que se achegan nun íntimo rumoreo. Destaca a personaxe do primeiro plano quen establece contacto co exterior coa súa mirada, retirando o seu cabelo do rostro coa man. Esta idea de conexión da obra co espectador é reforzada coa ambientación de “sala de estar” que realizaron as artistas na parede contigua, que ten pintada unha lámpada, e no chan, no que simularon unha alfombra, aproveitando a presencia xa de mobiliario urbano, un par de bancos. Así, quixeron sacar fóra a obra de arte á rúa, dando acceso ao viandante á súa observación e convidándoo a súa contemplación e desfrute.

Foto mural Representación de Serpes de auga, 1 de 11
Foto mural Representación de Serpes de auga, 2 de 11
Foto mural Representación de Serpes de auga, 3 de 11
Foto mural Representación de Serpes de auga, 4 de 11
Foto mural Representación de Serpes de auga, 5 de 11
Foto mural Representación de Serpes de auga, 6 de 11
Foto mural Representación de Serpes de auga, 7 de 11
Foto mural Representación de Serpes de auga, 8 de 11
Foto mural Representación de Serpes de auga, 9 de 11
Foto mural Representación de Serpes de auga, 10 de 11
Foto mural Representación de Serpes de auga, 11 de 11

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This