Foto principal mural Psicodelia

Psicodelia

Derrubando muros con pintura 2014

Antes desta obra, estas paredes situadas na Rúa Baixa, na chamada zona das Catro Portas de Carballo, un dos principais puntos de acceso de Carballo cara A Coruña, destacaban polo seu mal aspecto.
O obxectivo principal de Paula Fraile á hora de enfrontarse con esta parede foi embelecela, pero dun xeito que logrou integrar nel e darlle a volta ás imperfeccións que presentaba, o deterioro, as humidades, incluíndo incluso outros elementos xa existentes como os carteis publicitarios que se conservaron ou as fiestras do edificio. Aproveitou esas humidades e pintou sobre elas, empregando cores de máis claro a máis escuro, segundo o desgaste que presentaba o muro. A partir desas humidades localizadas na parte baixa da parede, Paula comezou a xerar unha imaxe estrutural que crea no espectador a sensación de estar diante dunha representación dunha cidade en perspectiva. Realmente a intención de Paula non foi a de plasmar a imaxe dunha cidade completamente definida, senon que a idea que consegue coas formas xeométricas que aparecen por todo o mural e a multitude de cores vivas, dá como resultado unha escena nada realista se non que tende á psicodelia. O espectador debe deterse diante da parede e observar moi polo miúdo para poder descifrar algunhas formas urbanas.
A manchega Paula Fraile, xunto con Roberta Venanzi, foron as coordinadoras nos inicios do proxecto e as organizadoras dun numeroso equipo de artistas que se foron unindo á iniciativa de “Derrubando muros con pintura”. Paula e Roberta foron as autoras do primeiro mural realizado situado na Rúa Sol.

Foto mural Psicodelia, 1 de 6
Foto mural Psicodelia, 2 de 6
Foto mural Psicodelia, 3 de 6
Foto mural Psicodelia, 4 de 6
Foto mural Psicodelia, 5 de 6
Foto mural Psicodelia, 6 de 6

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This