Foto mural principal Petra Mater

Petra Mater

Rexenera Fest 2018 – 4ª edición

Unha muller flota na luz da Lúa.
O seu camiño foi feito de Pedras.
Nos seus ollos convertéronse en Estrelas.
Debaixo dos seus pés agora brilan.
Coas mans acolle, cos cabelos acariña, coas costas sostén.
Barco que salva, cuncha que nutre a vida.
Núa, inmutable, duradeira Pedra.

——————————

Nas montañas de Galiza son moitas as pedras que se cree posúen virtudes milagreiras, como evidencia de cultos indíxenas de orixes preceltas, a miúdo vencellados aos ritos de fertilidade.
A Ermida de San Guillerme de Fisterra e o Monte Pindo atópanse entre os lugares máis famosos e de auténtica eficacia.
As pedras de Muxía e a Barca da Virxe están conectadas coa historia de Santiago pero anterior a isto coa de San Andrés e orixinalmente coas culturas primitivas que atribuían ás rochas propiedades milagreiras en virtude da súa dureza, aspereza e permanencia: a pedra que permanece sempre ela mesma, ten poder no golpear e perdura no eterno, revelando a divinidade que trascende a precariedade da existencia humana.
Nestas terras, que os antigos crían o límite infranqueabel do mundo habitado, tivo lugar o tránsito das ánimas ás illas dos benditos. Os navegantes mitolóxicos e os santos cristiáns alternáronse a tempo para guiar aos peregrinos neste camiño marcado polas pedras na terra e pola Vía Láctea no ceo, conectando humano e divino.
En carballo, cidade célebre tamén polas súas prodixiosas augas termais que proporcionan curación, hai unha rocha na que as mulleres que teñen dificultades para dar a luz estíranse para bañarse coa luz da lúa. No dolmen de Pedra Moura, ubicado na zona de Aldemunde e quizais dende o ano 3500 a.C., é un dos máis extensos de toda Galicia.

“Petra Mater” é a imaxen dunha muller suspendida entre o ceo e a terra, vista dende a lúa, núa como a pedra.

Foto mural Petra Mater, 2 de 12
Foto mural Petra Mater, 3 de 12
Foto mural Petra Mater, 4 de 12
Foto mural Petra Mater, 6 de 12
Foto mural Petra Mater, 7 de 12
Foto mural Petra Mater, 8 de 12
Foto mural Petra Mater, 9 de 12
Foto mural Petra Mater, 10 de 12
Foto mural Petra Mater, 11 de 12
Foto mural Petra Mater, 12 de 12

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This