Rexenera Fest 2022 - Pan de onte - Udatxo

Pan de onte

Rexenera Fest 2022 – 8ª edición

O mural que Udatxo nos regalou na edición 2022 do Rexenera Fest está emprazado en pleno centro neurálxico de Carballo, ao principio da peonil rúa Coruña e xunto á principal praza da vila, onde se sitúan concello, mercado de abastos e parque municipal.

Desde hai moitos anos, cada semana este principal enclave carballés énchese de vida e de trasfega coa celebración da feira semanal, onde comerciantes de toda a comarca venden os seus produtos estrela: verduras, hortalizas, froitas, queixos, peixe, e como non podía ser doutra forma, pan. O famoso pan artesán de Carballo, principal alimento da dieta galega e esencial sustento universal ao longo dos séculos.

Son moitos os veciños e veciñas que aínda lembran ao home que aparece no mural, o bo de Marcelino, un dos panadeiros máis famosos e lembrados da comarca. Naquela época, cando a fame axexaba e a falta de recursos eran pan de cada día, contan os máis maiores que Marcelino cocía pan e repartía… Tamén aos que non podían pagalo…

Rexenera Fest 2022 - Pan de onte - Udatxo
Rexenera Fest 2022 - Pan de onte - Udatxo
Rexenera Fest 2022 - Pan de onte - Udatxo
Rexenera Fest 2022 - Pan de onte - Udatxo
Rexenera Fest 2022 - Pan de onte - Udatxo
Rexenera Fest 2022 - Pan de onte - Udatxo
Rexenera Fest 2022 - Pan de onte - Udatxo
Rexenera Fest 2022 - Pan de onte - Udatxo

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This