Ofelia
- Nana (Diana Rodeiro)
Situado na rúa Ponte, o mural de Nana destaca pola expresividade da mirada dos grandes ollos da ninfa que nos contempla fixamente e o poder sensorial da auga; o espectador pode sentir que se atopa mergullado xunto coa figura, ter a sensación de estar dentro da escena, posto que o nivel da auga representado é elevado.
Unha vez máis podemos observar a integración de elementos urbanos, como unha papeleira ou unha fiestra neste caso, na propia obra.
As cores empregadas son na maioría da gama fría xa que se trata dunha escena de auga e de vexetación propia de humidais.