Foto principal mural O silencio no medio da tormenta

O silencio no medio da tormenta

Rexenera 2016 – 2ª edición

Isaac Mahow é un ilustrador e muralista, con gran influencia do graffiti e moi preto do estilo Lowbrow, surrealista pop cheo de humor e sarcarmo. Na súa obra “O silencio no medio da tormenta” trae a Carballo este universo surrealista nunha grande parede de fondo branco no que destacan dúas figuras enfrontadas que emerxen entre as augas, paraugas e outros símbolos definidos cunhas formas cortantes e limpas, mesturadas con outras sinuosas e degradadas, constantes que marcan o seu estilo persoal e recoñecible, cheo de simbolismos e metáforas visuais.

“Faime graza visualizarme baixo a choiva con luvas impermeables e o paraugas cara os meus pés. Imaxínome que se divide o indivisible cando a caída remata. Unha gota de auga é unicamente unha gota de auga ata que morre ao bater. Entón é moito máis, é un caos en expansión. Sei de paraugas onde colle máis dun ao cuberto da choiva, e onde non importa quén suxeita o mango, faino a man parva. Xusto alí pódense escoitar os asubíos de frechas que semellan enteiras pero que son só metades, porque non todas as frechas precisan ser deseñadas para facer dano, é máis, hai frechas que unen, ou frechas que nunca amosan a punta, só o seu esplendoroso plumaxe, e a súa única función é atopar outra punta. Pódense oír no medio da treboada, xusto debaixo do paraugas para dous, onde todo está en silencio, polo menos por un segundo. Imaxínome que se une o que semella disperso, a unha gota chocarse e xerar minúsculas ondas que conteñen minúsculas treboadas con minúsculas nubes que disparan raios. Imaxínome esas minúsculas ondas apresuradas por morrer para que dende o seu centro se acade unha nova gota, máis calma e sinxela. A tensión que xeran os opostos prodúceme paz. O que debería ser un, son dous, e ao revés. O caos abaixo e a calma enriba. Unha calma que se non a pensas moito, semella infinita”.

Foto mural o silencio no medio da tormenta, 2 de 9
Foto mural o silencio no medio da tormenta, 3 de 9
Foto mural o silencio no medio da tormenta, 4 de 9
Foto mural o silencio no medio da tormenta, 5 de 9
Foto mural o silencio no medio da tormenta, 6 de 9
Foto mural o silencio no medio da tormenta, 7 de 9
Foto mural o silencio no medio da tormenta, 8 de 9
Foto mural o silencio no medio da tormenta, 9 de 9

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This