
O meu escudo protector
- Lahe178 (Ana Langeheldt)
A sevillana Ana Langeheldt-Lahe178 explica que O meu escudo protector trata dese lugar ao que vas cando queres estar a salvo desa cousa rara que é a vida adulta. Ese sitio no que se está pouco tempo e moitos adultos esquecen demasiado rápido. Cando a tensión as présas e os monstros chegan para aturullar as nosas sensibles e fráxiles cabezas, todos albergamos dentro da nosa memoria a un neno ou a unha nena con superpoderes, despreocupada e riseira, que porta un escudo protector. O caso é saber atopalo e lembralo con nitidez cando nos faga falta…
Langeheldt sabe ben onde se atopa e lémbranolo con esta onírica imaxe que narra as instrucións de uso dese escudo máxico que manexaba con mestría a súa pequena “eu” do pasado. O mural está situado na rúa Río Mandeo.