O Carballo
- Roberta Venanzi (Roberta Venanzi)
- Paula Fraile (Paula Fraile Robledo)
Este é o mural inaugural do Derrubando Muros con Pintura, que foi iniciado en outono de 2013 polas coordinadoras do proxecto, Paula Fraile e Roberta Venazi.
Querían conseguir un resultado que se identificara coa vila, que o puideramos sentir como próximo, e que non fora agresivo. Por iso, decidiron comezar, con humildade, non polo centro da vila, senón polos barrios que lle dan entrada.
O mural da rúa do Sol representa a vexetación carballesa e ten coma protagonista principal unha folla de carballo. Recibe así aos visitantes que chegan á vila dende Compostela, Fisterra ou Ordes, cun saúdo cheo de cor e positividade.
Está na esquina da Rúa do Sol con Vila de Negreira.