Foto principal mural O músico

Músico

Derrubando muros con pintura 2015

Eva Facal, coa súa obra, engadiu un habitante máis á rúa do Sol: un mozo tocando a guitarra cun canciño aos seus pés. Esta figura chama a atención pola súa evocación dun espírito mozo e libre, que transmite a súa delicadeza a través da música, unha música xorda que sae da guitarra e que acompaña ao transeúnte que camiña pola rúa. O mural foi pensado desde o seu emprazamento, trátase dunha imaxe que xorde do recanto onde se atopa, creando un ambiente máxico no seu entorno, asegura a autora.
A imaxe é resultado do contraste de diferentes liñas de distintos tons azuis sobre un fondo de cor amarela feble.
Este mural está situado fronte ao Museo de Bergantiños, nun dos laterais dunha pequena casa da vila que aínda dá testemuño do que era Carballo hai medio século, na rúa do Sol 3.

Foto mural O músico, 1 de 8
Foto mural O músico, 2 de 8
Foto mural O músico, 3 de 8
Foto mural O músico, 4 de 8
Foto mural O músico, 5 de 8
Foto mural O músico, 6 de 8
Foto mural O músico, 7 de 8
Foto mural O músico, 8 de 8

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This