MasterClass Stencil #BTOY
- BTOY (Andrea Michaelsson)
Andrea Michaelsson, alias BTOY, é unha artista urbana de Barcelona, recoñecida internacionalmente polos seus traballos por medio da técnica do estarcido ou stencil dende 2002. A súa obra ubícase sobre superficies irregulares, sumando refugallos de polución e anuncios, onde as portas e as fiestras tapiadas convértense nos seus marcos idóneos. As súas personaxes detéñense e cravan en nós a súa mirada, facéndonos reflexionar sobre o paso do tempo. Retratos cunha forte carga nostálxica, son sacudidos con pinceladas cheas de forza e cor.
O estarcido ou “stencil” é unha técnica artística de repetición que, mediante un cartón ou acetato créase unha imaxe ou texto que é facilmente reproducible. Nesta clase maxistral os alumnos traballaron durante tres xornadas os seus stencils coa técnica manual de corte a partir da súa previa edición e proxección, para finalmente plasmala nunha parede de gran formato usando sprays para o seu pintado final.
Esta actividade estivo pensada e dirixida a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas, que teña algún tipo de experiencia, formación ou relación coa arte.
No taller, que se levou a cabo nas paredes da Estación vella de Carballo, representáronse figuras femeninas senlleiras, como a gaiteria Cristina Pato ou a Marcela e Elisa, que casaron no 1901.
O resultado do taller pode verse na rúa Pontevedra e Vázquez de Parga.