Foto principal mural Masterclass Aerosol

MasterClass Aerosol de POWONE

Rexenera Fest 2017 – 3ª edición

O vigués Powone é un dos pioneiros do graffiti en Galicia e un veterano experto da complexa técnica do aerosol, cunha longa traxectoria ás súas costas e con múltiples murais na súa cidade natal así como en moitas cidades galegas e do resto do estado. O seu traballo viaxa da fotografía ao mural directamente, sen trampa, filtro, nin cartón, un proceso no que Powone se sinte cómodo e que manexa de xeito preciso, usando os sprais como ferramenta esencial coa que acada uns acabados moi expresivos e minuciosos.
Nesta clase maxistral os alumnos asistentes adentráronse de cheo nesta complexa técnica, entendendo o seu funcionamento e aprendendo, de xeito práctico, o proceso de transportar á parede o acabado realista dunha fotografía co asesoramento e axuda do artista.
Esta actividade estivo pensada e dirixida a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas, que teña algún tipo de experiencia, formación ou relación coa arte.
No taller, que se levou a cabo nas paredes traseiras da Estación vella de autobuses deCarballo, creouse un gran raposo cheo de cor, realismo e maxestosidade.
O resultado do taller pode verse na rúa Romero de Lema.

Foto mural Masterclas Aerosol, 1 de 5
Foto mural Masterclas Aerosol, 2 de 5
Foto mural Masterclas Aerosol, 3 de 5
Foto mural Masterclas Aerosol, 4 de 5
Foto mural Masterclas Aerosol, 5 de 5

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This