Máscara negra nos baños termais

Rexenera Fest 2019 – 5ª edición

O mural de Marina Capdevila está inspirado nos históricos baños termais da vila de Carballo, unhas augas con propiedades mineromedicinais que como é sabido xa coñecían os antigos romanos, sendo redescubertas no século XVIII e reconvertidas nuns novos baños famosos en toda a comarca. Tamén é de coñecemento popular que este novo destino termal provocou a transformación e o crecemento de Carballo de aldea a capital de comarca, e de aí a súa importancia como motivo central elixido por Marina.

Como acostuma a facer en murais e ilustracións, a artista catalá tira de retranca e humor para falarnos de vitalidade, da importancia de manterse activo e vivaz aínda con oitenta e tantos. Coa súa particular ironía e estilo desenfadado as súas señoras maiores saben como coidarse e desfrutar da vida, da importancia do coidado persoal e do autodeleite. E que mellor que estas augas menciñeiras que temos en Carballo para facelo!

Marina Capdevila - Rexenera Fest 2019
Marina Capdevila - Rexenera Fest 2019
Marina Capdevila - Rexenera Fest 2019

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This