Mar
- Cristina Castro (Cristina Castro Santiago)
Coa superficie rebelde e rugosa do bloque dun dos muros do CEIP San Luis Romero tocoulle pelexar a Cristina Castro. A artista recunca na estética infantil, ao igual que xa fixo no anterior mural que elaborou para o Derrubando Muros con Pintura que se pode visitar nun dos baixos do barrio da Milagrosa.
Esta intervención foi creada para o programa “Carballo, mirando ao mar”, co que se intentou asentar a idea de que Carballo ten costa. O muro de formato horizontal e alongado, representa unha escena no fondo do mar cunha estética pensada para o fácil entendemento dos nenos e nenas do colexio. Deste xeito, a artista empregou formas simples e cores planas e vivas para plasmar diferentes peixes, cabaliños de mar, medusas, mergulladores e un gran submarino na parte central que fainos mirar baixo o mar.